Ir ao contido

A Asociación

Quen somos

Xente de fóra de Santiago (case toda) que vive en Compostela e que trouxo na maleta a pandeireta, as cantigas e as ganas de foliada.

A Asociación Xente de Fóra é unha entidade sen ánimo de lucro. O nome di de onde vimos, non quen pode entrar. Para que non nos chamen xenófobos temos algún da capital tamén.

Misión

Que a cultura galega se viva en Santiago: que a música, o baile e o canto tradicionais se aprendan, se toquen e se bailen, en galego e con quen se queira sumar.

  • Música e canto

    Coidar o patrimonio inmaterial galego: as cantigas e os toques que se aprenderon de oído, para que sigan pasando de man en man.

  • Baile

    Que calquera poida aprender a bailar o tradicional, veña de onde veña e saiba o que saiba.

  • Lingua galega

    Promover o uso do galego. Nas cantigas xa vai de seu.

  • Mocidade

    Actividades culturais e de lecer para a xente nova: foliadas, seráns e obradoiros.

Son os fins do artigo 6 dos estatutos.

A nosa visión

Unha tradición que se aprende fóra e dentro das aulas: no curso e nos ensaios, pero tamén nas prazas, nas foliadas e alí onde cadre.

Historia

  1. Cinco persoas asinamos en Santiago a acta fundacional e os estatutos.

  2. A Xunta inscribe a asociación no Rexistro Central de Asociacións de Galicia, co número 2026/28733-1.

  3. Comeza o primeiro curso de baile tradicional.

  4. Agora

    Faltas ti. Faite socia.

Datos da entidade

Nome legal
ASOCIACIÓN XENTE DE FÓRA
NIF
G05571401
Rexistro
Rexistro Central de Asociacións de Galicia, n.º 2026/28733-1
Sede
Santiago de Compostela

Ler os estatutos