Ir ao contido

Estatutos

O texto rexistrado dos estatutos da Asociación Xente de Fóra, para consulta e descarga.

Descargar o PDF

PDF · 148 KB

Fins (artigo 6)

Son fins principais da asociación:

  1. O fomento e a difusión da cultura galega en todas as súas manifestacións.
  2. A preservación, recuperación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego, en especial a música, o baile e o canto tradicionais.
  3. A promoción da práctica e da aprendizaxe da música e do baile tradicional galego entre persoas de todas as idades e procedencias.
  4. A promoción do uso da lingua galega.
  5. A promoción de actividades culturais e de lecer dirixidas á mocidade.

Órganos (artigo 12)

O órgano de goberno da asociación é a asemblea xeral e o órgano de representación é a xunta directiva, que adoptarán os seus acordos de conformidade co principio maioritario ou de democracia interna.